Cando alguén nomea a peste bubónica inmediatamente se debuxa na mente todo o imaxinario que acompaña esta enfermidade letal: as campás anunciando a morte, cidades amuralladas, os médicos vestidos de negro de pés a cabeza coas icónicas máscaras en forma de peteiro. A xente en estado febril, tirada na rúa cuberta de farrapos, ou prostrada na cama ante a inminencia da morte... A finais do século XIX descubriuse que a causa da enfermidade que asolou a poboación foi unha bacteria chamada Yersinia pestis e que entrou en contacto cos seres humanos a través dun intermediario perfecto, silencioso e, sobre todo, sumamente eficaz: a pulga.