- Impresionante xornada deportiva a que se viviu esta mañá na cidade da Coruña, que na volta do medio maratón C21 ás rúas da cidade asistiu a un novo récord histórico da proba: os 01:01.12 do keniano Meshack Kipkurgat, gañador desta XVIII edición e que superou por 28 segundos a anterior plusmarca existente.O desenvolvemento do medio maratón, que arrincou ás 9.30 horas desde a avenida deMontoto, foi acompañado de boas condicións meteorolóxicas e dun ambiente festivo desdeo principio ata o final, na praza de María Pita, que por primeira vez na historia da C21 puxoa liña de meta á carreira.A ela chegou Kipkurgat seguido de preto polos atletas españoles Carlos Mayo e JesúsRamos, que deixaron o crono nos 01:02:43 e 01:03:11, respectivamente. Tras eles, okeniano Samson Kipyegon e o cambadés Amadeo Abal.Na categoría feminina, a vitoria foi para a venezolana Edymar Brea, que chegou á meta en01:13:55, coas galegas Ester Navarrete (01:14:18) e Sandra González (01:17:38) en segunda e terceira posición. Especialmente destacado foi o caso de González, atleta daEscola Atlética Lucense que debutou por primeira vez nun medio maratón e, aos seus 18anos, conseguiu bater o récord de España na categoría sub-20.Tras as tres ocupantes do podio feminino, a keniana Rono Cheptoo e a ferrolá Lucía Sicre. A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiuás e aos gañadores na liña de chegada, onde a rexedora lles fixo entrega da medallafinisher deste ano, inspirada precisamente na meta desta edición: a praza de María Pita.Rey e Vázquez deron os parabéns ás e aos vencedores desta edición, nun medio maratónque contou coa participación de máis de 2.600 deportistas.“Déronse as mellores condicións para que A Coruña disfrutase ao máximo desta xornada dedeporte ao aire libre. E iso foi posible tamén grazas aos servizos de organización, tanto dopersoal municipal como das entidades, clubes colaboradores e persoal voluntario. Cómpreagradecer sempre o seu traballo e implicación porque todas e todos son fundamentais paraasistir e axudar ás persoas participantes e ao conxunto da cidadanía en citas multitudinariascomo esta”, indicou Rey.