Natalia González, nova secretaria de Igualdade do PSdeG após a renuncia de Silvia Fraga polo 'caso Tomé'

O cargo que agora ocupará a dirixente da agrupación local socialista de Ourense estaba vacante desde decembro, cando se coñeceron as denuncias por acoso sexual contra o ex presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte.