«Nunca olvidar, sempre volver». Con este lema o festival EmigraSON chegaba á súa cuarta edición, xa consagrada como unha das grandes citas culturais do inverno malia a celebrarse a máis de 1.200 quilómetros de Galicia. O evento celebrado en Bruxelas congregou a preto de 2.500 participantes entre todos os concertos e conferencias entre o xoves 26 e o sábado 28 de febreiro. Porque o que se viviu estes na capital belga non foi a pantasma do poema de Alberti, senón un espírito, moi vivo, que percorre Europa ao ritmo dunha foliada.