O Deportivo relanza a súa candidatura ao ascenso como mellor visitante da Liga

O Deportivo da Coruña continua firmando grandes números lonxe de Riazor unha xornada máis, e xa son 27 puntos de 45 posíbeis. Cun partido máis que os seus perseguidores, o conxunto branquiazul ten 3 puntos máis que o manterían de todas formas no liderado no caso de que o resto gañen o partido restante.