Sofía Piñeiro: "Coa chegada da intelixencia artificial, creo que se valorarán máis as cousas feitas coas mans"

Sofía Piñeiro (Ferrol, 1981) presenta xunto a Xabier Cano a mostra Vontades simultáneas en Compostela. Pintora figurativa e docente, reivindica unha obra colorista e traxicómica que combina escenas cotiás con reflexión existencial nun diálogo creativo marcado polo contraste e a experimentación compartida.