Non é país para traballadores? Así se ve Galiza lastrada pola emigración da súa forza de traballo, onde máis se percibe a perda de poboación

En 1977, case 10 de cada 100 persoas que traballaba ou buscaba emprego no Estado español tiña a súa residencia na Galiza, mentres que actualmente, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatísitica (INE) para 2025, esta relación achégase ás 5 de cada 100. A clase traballadora abandonou Galiza de forma continuada durante as últimas décadas. Concretamente, a poboación activa da Galiza pasou de significar case 10% da estatal en 1977, a achegarse cada vez máis a un peso de 5% (5,1% en 2025).