Lugo e Ourense acolleron esta terza feira mobilizacións en defensa do mel galego e contra as importacións deste produto que non conta cunha etiquetaxe "clara". Convocadas polo indicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Apícola Abellas Nais, a Asociación de Apicultura Serra da Carba, a Asociación de Persoas Consumidoras (Acuga) e a Agrupación Apícola da Galiza, alertan de que co acordo con Mercosur aumentará o problema.