Xaquín Núñez, escritor: “No fondo pretendo que a novela sexa unha homenaxe á literatura e ao acto de ler”

Xaquín Núñez (Meis, 1973) narra en Mañá, cando sexamos luns (Xerais) unha historia que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea. Neste thriller social, o autor entrelaza problemáticas actuais como a emigración ou a soidade con trazos de novela negra nunha clara homenaxe ao acto da lectura.