50 anos dun fito histórico: así puxo o piragüista Ramos Misioné á Galiza no medalleiro olímpico

Luis Gregorio Ramos Misioné é lenda viva do deporte galego. Ven de recibir o Premio Terra de Hércules da Fundación 'Amar Terra' pola súa traxectoria. Dúas veces pisou o podio na máxima competición mundial e conseguiu metais en todas as probas importantes da disciplina.