Reivindicar a intimidade como ampliación do campo da batalla feminista

Do 8 ao 29 de marzo, o Liceo de Noia programa catro concertos que presentan outros tantos proxectos musicais de mulleres que apelan á comunidade e á contorna. Su Garrido Pombo, Abril, Catuxa Salom e Faia buscan na intimidade unha ferramenta para loitar contra a discriminación.