O Teatro Principal acolleu onte a gala solidaria por Palestina «Cultura contra a Barbarie, organizada por Pallasos en Rebeldía en colaboración co Concello, e a participación de Culturactiva e Pontevedra por Palestina. A actriz galega Bea Campos conduciu un espectáculo que combina música, humor e circo da man de artistas como a banda De Ninghures, a humorista Leti da Taberna, o ilusionista Mago Teto e a compañía A Vela Circo, conformando un cartel diverso e para todos os públicos. A recadación íntegra do evento destínase aos proxectos que Pallasos en Rebeldía desenvolve en Palestina, entre eles iniciativas de apoio á poboación civil como a distribución de alimentos e outras accións humanitarias.