A candidata Maite Flores propón Xosé Antón Freire, coordinador do Concello de Santiago, como xerente da USC

"Eu sempre dixen que, para min, o perfil ideal para ocupar a Xerencia era unha persoa cunha visión externa, pero cun profundo coñecemento da casa, e penso que non hai mellor perfil que o de Xosé Antón para cumprir ambas as calidades", dixo.