ADEGA denuncia verteduras de augas fecais no río Valiñas e alerta de risco ambiental e sanitario
A asociación ecoloxista pide explicacións ao Concello de Culleredo e a Augas de Galiza por verteduras recorrentes detectadas en puntos de Culleredo e Cambre (comarca da Coruña), que poderían acabar afectando tamén á ría do Burgo.