A Fegamp rexistra alegacións á Lei de administración local e afea á Xunta "non ter máis tempo"

"Creo que unha lei desta transcendencia para o municipalismo galego merece mesas de traballo, que sexan atendidas as alegacións da Federación e, por suposto, que sexa tratada cos concellos dunha forma directa", di Alberto Varela.