Rebeca Losada, ilustradora: "Quería celebrar as artes escénicas galegas e homenaxear a figura de Manuel Lourenzo"

A ilustradora e deseñadora Rebeca Losada (Lugo, 1982) é a creadora da imaxe da edición dos Premios de Teatro María Casares deste ano, dedicada a Manuel Lourenzo e organizada pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG). A obra de Losada distínguese por unha narrativa sinxela e clara así como polo uso dunha paleta de cores vibrantes.