O transporte afronta unha nova crise cunha suba do gasóleo de máis de 30 céntimos

A guerra iniciada por Estados Unidos e Israel contra Irán está a provocar o aumento dos prezos do gasóleo. O principal afectado é o sector do transporte por estrada e entidades como Apetamcor piden solucións e información con urxencia para frear as consecuencias que ten nas pequenas e medianas empresas.