Un ano de loitas e vitorias das mulleres traballadoras

As mulleres traballadoras da Galiza chegan a este novo 8-M logo dun ano no que en moitos sectores foron as protagonistas de numerosas loitas polos seus dereitos laborais. As traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF), as das residencias e centros de día, ou as dependentas do sector téxtil uníronse en asembleas, lanzáronse ás rúas e puxéronse en folga. Das súas loitas saíron vitorias, mais non suficientes: "Temos que facer a revolución", din.