Nigrán pecha o II Ciclo de Música Clásica con «Proxecto Magnard»

O Concello de Nigrán despide hoxe a segunda edición do seu «Ciclo de Música Clásica». O peche correrá a cargo de «Proxecto Magnard», unha prometedora formación nacida en 2025 cuxa actuación comezará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, con entrada libre ata completar a capacidade do recinto.