Mos impulsa unha app para acabar coa velutina

O Concello de Mos vén de anunciar o inicio do procedemento de licitación para o desenvolvemento dunha aplicación móbil e versión web destinada á identificación e seguimento da avespa velutina. O obxectivo é reforzar a detección temperá e mellorar a coordinación na loita contra esta especie invasora, que xera un importante impacto ambiental, económico e sanitario.