O Concello de Salvaterra de Miño comezou a organizar a terceira edición da Ruta Pinchoterra, unha proposta culinaria que, malia a súa breve traxectoria, consolidouse como unha das citas máis saborosas do municipio. A reunión mantida o luns cos establecementos de hostalaría serviu para perfilar os últimos detalles dunha ruta que volverá a encher de vida e sabor as rúas e parroquias da vila durante o mes de abril.