Vedra e Salceda de Caselas irmándanse pola camelia

Salceda de Caselas e Vedra formalizaron o pasado 22 de febreiro o seu irmandamento nun acto institucional celebrado no marco das XXX Xornadas Arredor da Camelia de Vedra, un evento de referencia cultural e botánica que pon en valor unha das flores máis emblemáticas de Galicia.