Voluntariado veciñal combate as especies invasoras en Salceda

Co remate dun febreiro marcado pola choiva, a chegada de marzo trouxo a primeira tregua meteorolóxica e tamén unha nova mobilización ambiental en Salceda de Caselas. Numerosa veciñanza participou en dúas xornadas de voluntariado dedicadas á erradicación de especies invasoras, impulsadas pola Comunidade de Montes de San Xurxo e pola asociación Treze Catorze.