O Arquivo Municipal Audiovisual de Redondela continúa a medrar grazas ás achegas da veciñanza. Nesta ocasión, Sinda López, veciña da localidade, doou 15 fotografías pertencentes á súa colección familiar que retratan diferentes momentos da historia recente da vila. As imaxes, obra do seu pai, Castor López, quen foi garda municipal entre as décadas de 1950 e 1970, captan escenas que hoxe forman parte da memoria colectiva redondelá.