Viaxar axúdanos a desprendernos de ideas preconcebidas sobre outras cidades e culturas, pero vivir un tempo noutro país supón un exercicio enorme á hora de mellorar a empatía e coñecer a situación real das súas xentes. E sobra dicir que a mellor forma de inmersión lingüística é residir meses ou anos no país do que queremos aprender o idioma: é máis valen máis só tres semanas de estancia que case dous cursos nunha escola de idiomas.