O servizo de publicacións da Deputación de Lugo vén de sacar a rúa nunha coidada edición o volume Francisco Domínguez Mosquera , onde se recolle a biografía deste relevante nacionalista e filántropo morto en 1937 no exilio en Cuba, popularmente coñecido por Pancho da Barrela . O autor do libro e neto do biografiado, o profesor da Universidade de Carolina do Norte, Frank Domínguez, achega aos lectores de Nós Diario á figura de Francisco Domínguez Mosquera.