O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu defender esta segunda feira o “dereito” da cidade a ser sede do Mundial de fútbol de 2030 e asegurou que a candidatura viguesa presentou un proxecto “imbatíbel”. O rexedor acusou novamente ao presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, así como á Xunta e ao PP, de intentar impedir que Vigo forme parte das sedes.