Caamaño recoñece que o Sergas contrata en Atención Primaria persoal médico sen especialidade

Nos centros de saúde de Atención Primaria na Galiza hai persoal médico que non ten a especialidade necesaria —medicina familia e comunitaria— para traballar neles. Así o denunciou a CIG a semana pasada e así o recoñeceu esta segunda feira o propio conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa comparecencia canda o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, ao remate da reunión semanal do Goberno galego.