Alberto Busto, integrante de Arrhythmia: "Por primeira vez puidemos compoñer un disco con calma e con tempo, e iso é un gusto"
O músico Alberto Busto é o vocalista principal do grupo de electrónica e metal Arrhythmia, que, tras máis de un ano de traballo, vén de publicar o EP "CERØ", un proxecto introspectivo e reivindicativo que presenta un son único e experimental.