Bruxelas rectifica e deixa só Trump no seu intento de desenvolver unha misión en Ormuz

Marcha atrás da Comisión Europea no intento de seguir o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, nunha misión naval para intentar unha reapertura do tránsito marítimo completo no estreito de Ormuz. A falta de consenso obrigou a alta representante da UE para Política Exterior, Kaja Kallas, a desbotar a súa proposta.