«Ante este tipo de ataques, que lembran ás prácticas propias do fascismo, cómpre reafirmar o noso compromiso coa defensa dos dereitos do pobo galego e coa liberdade de vivir nunha sociedade plural, xusta e en paz. Non nos calarán!», subraya el BNG tras denunciar el ataque vandálico sufrido en los últimos días en su sede de Viana do Bolo. «Vivimos esta situación coa maior preocupación, xa que tras este tipo de actos adoitan agocharse ideas reaccionarias e profundamente antidemocráticas que buscan atacar os dereitos e liberdades fundamentais do pobo e pretenden devolvernos a un clima de medo e censura que críamos superado», expone el Bloque. «A pesar de que estes elementos pretendan intimidarnos e rematar coa liberdade e coa pluralidade ideolóxica mediante a forza, o BNG de Viana do Bolo continuará traballando con máis firmeza ca nunca en defensa dos intereses da nosa veciñanza e dunha sociedade verdadeiramente democrática, libre da intolerancia e do odio».