Alumnos de Porriño, Vigo e Negreira premiados no Premio Anual Otero Pedrayo para estudiantes entregado na Casa Museo Otero Pedrayo en Trasalba. O xurado acordou concederlle o primeiro premio a "Os camiños da vida" de Noa Rodríguez Muñoz e Sergio Lage, alumnos de 2º de Bacharelato do IES Ribeira do Louro do Porriño. O segundo premio foi para "Un meniño naipelo no espello de 14 lugares: Ramón Otero Pedrayo e os seus veráns en Vigo (1895-1901)". Os gañadores son un grupo de estudiantes de PDC do IES Castelao de Vigo. A maiores destes dous premios acordouse propoñer a publicación na revista Trasalba, que publica cada ano a Fundación Otero Pedrayo, do proxecto presentado baixo o lema Alon de Juan Mosquera Magariños, alumno de Bacharelato do centro Xulián Magariños de Negreira. O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou na entrega dos premios deste certame impulsado desde a Fundación Otero Pedrayo co apoio da Xunta de Galicia e resaltou a “importante contribución para ampliar o coñecemento entre as xeracións máis novas do Patriarca das Letras Galegas, que se fai especialmente máis significativa nunha edición que coincide co Ano Oteriano”. O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, resalta a importancia de que as xeracións máis novas valoren a figura de Otero Pedrayo.