A compañía galega GADISA Retail continúa avanzando cara o obxectivo de eliminar practicamente os residuos enviados a vertedoiro. A súa plataforma loxística de Betanzos xa valoriza o 99,5% dos materiais que xera, segundo certificacións externas, nun contexto de crecente aposta pola economía circular no sector da distribución.