O Correlingua volverá percorrer as rúas do país en 2026. Como cada ano será no mes de maio nunha ducia de localidades co obxectivo de facilitar o encontro de miles de estudantes e profesores co resto da sociedade galega arredor da lingua. A iniciativa de normalización lingüística promove desde primeiros de séculos a sensibilización, visibilización e coidado do galego dentro e fóra das aulas, nun ambiente lúdico e reivindicativo que na súa edición número 26 chama a facer a "revolución".