A CIG-Saúde anunciou esta cuarta feira a convocatoria de tres novas xornadas de folga na Atención Primaria. O sindicato denuncia que este servizo asistencial continúa nunha “situación límite”, con profesionais sometidos a unha sobrecarga asistencial extrema, falta estrutural de persoal e un exceso de burocracia que impide desenvolver unha atención de calidade.