334.000 galegos e galegas deben facer fronte a un gasto "excesivo" en sanidade

Os custos sanitarios que non cobre a sanidade pública —desde determinados medicamentos e tratamentos até empastes — representan para unha parte da poboación o que se denomina desde a propia Administración como "gasto sanitario excesivo" por 'comer' unha parte importante dos seus ingresos.