O mellor visitante non arrinca na casa: Riazor, a débeda do Dépor esta tempada

A 'media inglesa' é unha fórmula popularizada no fútbol británico que consiste en maximizar as vitorias que o equipo logra coma local conseguindo puntos nas visitas a domicilio. Poderíase dicir que o Deportivo está a facelo á inversa esta tempada, o que lle permite continuar de cheo na loita polo ascenso directo.