A máquina coa que se comunica Álex, de Redondela, non fala galego: "Todos os sistemas están traducidos ao castelán"

Persoas coma Álex Fernández, un rapaz de 16 anos, veciño de Redondela e seareiro do Celta, interactúan a diario coa súa contorna grazas a un dispositivo de alta tecnoloxía que lles facilita unha comunicación alternativa ou aumentativa cando a fala é inexistente ou limitada. Un sistema que ofrece un vocabulario completo, mais aínda non en galego.