O PSdeG exixe á Xunta un plan para afrontar o impacto da guerra: “Non pode limitarse a comentar, ten que actuar”

O PSdeG reclama á Xunta un plan de acción específico para facer fronte ao impacto da guerra no Oriente Medio na economía galega e acusa ao Goberno de Alfonso Rueda de “eludir responsabilidades” e limitarse a facer “de comentarista”.