A renuncia da Coruña a acoller a sede do Mundial de fútbol de 2030 redobra as aspiracións de que Vigo sexa a cidade galega anfitrioa da grande cita do fútbol mundial. Unha candidatura que implica a asignación de importantes fondos económicos a un proxecto sobre o que hai máis anuncios que datos definidos.