Persoas coa síndrome de Down alentan un mercado laboral inclusivo: "Con esforzo e traballo todo é posíbel, incluso vivir soa"

O Movemento Down na Galiza conmemora este sábado, en Lugo, o Día Mundial da Síndrome de Down. O 21 de marzo é unha data simbólica que ademais de revelar unha condición xenética busca sensibilizar a sociedade cara a unha verdadeira inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Proporcionarlles recursos e apoios que lles permitan participar no mercado laboral en igualdade é un paso decisivo cara a súa autoestima e autonomía persoal.