Pontón denuncia a "parálise" da Xunta ante o impacto económico da guerra

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “insuficientes” as medidas do Goberno español para facer fronte ao impacto da guerra iniciada polos EUA e Israel contra o Irán e criticou con dureza a “inacción” da Xunta, ao tempo que avanzou un paquete de propostas para crear un “escudo social galego” en apoio aos sectores máis afectados.