O paquete de medidas contra a crise provocada pola guerra saíu aprobado onte do Consello de Ministros máis non ten asegurada a maioría no Congreso dos Deputados. Neste contexto, o Executivo ten por diante unha dura negociación, particularmente cos socios de investidura que consideran as medidas insuficientes.