As contradicións de Donald Trump son cada vez maiores, mais atendendo aos indicios, ao que realmente está facendo e non ao que di, parece probábel que os EUA aposten por unha operación terrestre. Mentres, desde Irán advirten o presidente dos Estados Unidos que camiña cara a outro Vietnam. Neste contexto, Trump carga contra os seus "covardes" aliados da OTAN por non axudalo contra o país persa.