«Todos somos vítimas dun sistema cunhas ríxidas expectativas de xénero»

Pepa Barreiro, Nadia Domenech, Ana San Fernando e Stephy Llaryora son as catro protagonistas de «Señores», unha comedia que se presenta hoxe sábado no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas (ás 20.00 horas e con entradas en ataquilla.com e dúas horas antes do espectáculo na billeteira do auditorio). Catro mulleres, que interpretan a unha nai e as súas tres fillas, que son tres trimelgas trivitelinas concebidas nunha noite de liberación sexual.