Altri non desiste en erguer unha celulosa na Ulloa

Altri non se rende. A compañía portuguesa non renuncia ao seu proxecto en Palas de Rei (A Ulloa) malia o anuncio da Xunta da Galiza de arquivalo e continúa gañando peso no sector forestal galego mediante diversas operacións. O grupo pasteiro xógase o seu futuro no país a un cambio de Goberno no Estado.