A fenda que divide Galiza: só en 27 dos 313 concellos a veciñanza supera a renda media galega

Galiza rexistra unha renda dispoñíbel bruta por habitante de 20.099 euros ao ano, segundo os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE), unha cifra cuxa desagregación permite coñecer que tipo de ingresos teñen os fogares galegos. As prestacións sociais supoñen máis de 20% das entradas económicas dos fogares.