Os Mestre Mateo en Lugo: aposta pola descentralización e o talento

Lugo convértese hoxe na capital do audiovisual ao acoller os XXIV Premios Mestre Mateo. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual trataron de ir máis alá dunha gala para converter os premios nun motor de dinamización cultural e situar a cidade como centro de creación. Nunha edición de récords, con 565 profesionais e 44% de mulleres, a gala deste sábado fechará coas actuacións de Xabier Díaz e Mondra unha programación histórica.