Stop Planta De Residuos Cacheiras – Aldeas Limpas! nace en resposta a unha planta de tratamento de cascallos da construción

En rolda de prensa de presentación da plataforma, este sábado, precisamente a carón dos terreos onde pretende instalarse este centro de residuos, veciñas e veciños da contorna manifestaron a súa "profunda inquietude" polas consecuencias que esta instalación pode ter para o medio ambiente.