No ano 2020, a escritora viguesa María Xosé Queizán sinalaba a este xornal: «Nunca vou entrar na RAG porque non son ben vista». Seis anos despois a Real Academia Galega fai xustiza. Bríndalle unha homenaxe na súa terra, Vigo, e toma a decisión de declarala membro de honra da institución.